Blogia
Andresadas

COMEZA A RODAXE DA NOVA CURTA DE JAIRO IGLESIAS

O luns 4 de setembro na vila de Malpica de Bergantiños comezará a rodaxe da nova curta do realizador santiagués Jairo Iglesias. Belén Constenla protagoniza xunto a Miguel Borines, María Castro e Fernando Morán unha historia de amor e soidade na costa da morte. ‘Ó marido de Rosa levouno o mar fai tempo e intenta vivir dos recordos, pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade’ en palabras do director. Supón a primeira curta en galego do realizador santiagués ‘porque esta historia non tería sentido noutra lingua, é unha historia galega, próxima e real’. A curta conta co apoio da Xunta de Galicia, producida por produccionesRETRATO e coproducida por Formatoriginal. Tamén contan coa colaboración do Concello de Malpica, PousadaSon e Dobleclic.info. Na páxina web www.rosadosventos.es pódese ler un diario de rodaxe do director mentres está sendo deseñada outra páxina web especial para a promoción. Tamar Novas foi o director de cásting da curta, facendo un traballo espléndido, e o equipo que traballou con Iglesias nos seus anteriores traballos mantense practicamente igual.  A curta terá unha duración aproximada de 17 minutos e gravarase en Alta Definición.       

INFORMACIÓN DE PRODUCIÓN

DURACIÓN APROXIMADA                             17 minutos. 

FORMATO DE GRAVACIÓN                           ALTA DEFINICIÓN 

LOCALIZACIÓNS                                          MALPICA DE BERGANTIÑOS ( A CORUÑA)                               

RODAXE                                                    SETE DÍAS                                                                                                                                  

SINOPSE

 O marido de Rosa non volverá. Levouno o mar.Ela busca consolo nos recordos pero descobre que non son suficientes para calmar o baleiro de tantos anos de soidade.   

CONTACTO 

Para máis información pode contactar en: 

www.produccionesretrato.com 

www.jairoiglesias.com  

PÁXINA WEB DA CURTA – www.rosadosventos.es 

0 comentarios